Adeus ás máscaras en interiores: deixan de ser obrigatorias este mércores, pero a Xunta aconsella usalas nas aulas

O Consello de Ministros aproba o decreto anunciado semanas atrás facendo fincapé na importancia da vacinación. A Consellería de Educación recomenda mantelas "voluntariamente" nas clases "por precaución, por prudencia e por respecto"

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/04/2022 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O Consello de Ministros aprobou este martes un Real Decreto polo que o uso de máscaras deixará de ser obrigatorio en espazos interiores a partir deste mércores, tras ser publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE). En rolda de prensa, a ministra de Política Territorial e portavoz do Executivo, Isabel Rodríguez, celebrou a medida, que "foi posible grazas a un traballo conxunto e un esforzo colexiado no que tivo que ver moito a estratexia de vacinación".

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, nunha rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, no Complexo da Moncloa, a 19 de abril de 2022, en Madrid (España). O decreto que pon fin ao uso da máscara na maioría de interiores entra e. Eduardo Parra - Europa Press
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, nunha rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, no Complexo da Moncloa, a 19 de abril de 2022, en Madrid (España). O decreto que pon fin ao uso da máscara na maioría de interiores entra e. Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

"É un día moi especial para o Goberno e o conxunto dos españois na loita contra o virus. Estamos a avanzar na normalidade. Mañá poderemos desprendernos en interiores das máscaras e mostrar os nosos rostros e os nosos sorrisos", aplaudiu.

Con todo, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explicou este martes que a Xunta recomendará manter "voluntariamente" a máscara nas aulas "por precaución, por prudencia e por respecto".

O conselleiro remitiuse ás palabras que o luns pronunciou o responsable de Sanidade, indicando que unha vez que entre o vigor o decreto do Goberno central, a máscara no interior dos colexios non será obrigatoria, pero manterase a recomendación de utilizala.

"O decreto do Estado fixa claramente que pode ser retirada e nós, desde a Xunta, expomos que se poida manter voluntariamente a máscara dentro da aula", apuntou Román Rodríguez, que pediu facer caso das recomendacións dos expertos sanitarios.

Sobre a posibilitade de que os centros poidan obrigar a usala, o conselleiro lembrou que "para obrigar tes que ter un marco legal" e que, neste caso, "o marco legal está claro". No entanto, engadiu, se algún mozo ou neno "quere mantela", poderá facelo. "Recoméndase por prudencia, por responsabilidade e por respecto manter as medidas de precaución", resolveu.

POSTURA GALEGA

Neste escenario, o conselleiro de Educación de Galicia, Román Rodríguez, explicou este martes que a Xunta recomendará manter "voluntariamente" a máscara nas aulas "por precaución, por prudencia e por respecto".

A preguntas dos medios nun acto en Santiago, o conselleiro remitiuse ás palabras que o luns pronunciou o responsable de Sanidade, indicando que unha vez que entre o vigor o decreto do Goberno central, a máscara no interior dos colexios non será obrigatoria, pero manterase a recomendación de utilizala.

"O decreto do Estado fixa claramente que pode ser retirada e nós, desde a Xunta, expomos que se poida manter voluntariamente a máscara dentro da aula", apuntou Román Rodríguez, que pediu facer caso das recomendacións dos expertos sanitarios.

Sobre a posibilitade de que os centros poidan obrigar a usala, o conselleiro lembrou: "Para obrigar tes que ter un marco legal" e que, neste caso, "o marco legal está claro". No entanto, engadiu, se algún mozo ou neno "quere mantela", poderá facelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta