A última proposta na CRTVG: converter a 254 traballadores en fixos a través dun concurso de méritos

O Comité Intercentros desconvoca o primeiro paro na CRTVG á espera de que as asembleas decidan se aceptan esta oferta negociada a última hora.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/04/2022 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O Comité Intercentros vén de desconvocar o paro parcial de media xornada que estaba previsto para o mércores 20 de abril en defensa da consolidación de todo o emprego temporal e contra os despedimentos que se derivarían dunha oferta de estabilización de emprego público, segundo denuncian os sindicatos, insuficiente.

Redacción da CRTVG, en San Marcos. CRTVG- Arquivo
Redacción da CRTVG, en San Marcos. CRTVG- Arquivo

A representación do persoal tomou esta decisión para someter ao refrendo das asembleas de traballadores e traballadoras unha última proposta que se preacordou esta mañá coa dirección de recursos humanos, e que só se asinaría no caso de se aprobar polo cadro de persoal en asembleas.

"O comité intercentros, por unanimidade, considera que a proposta á que se chegou (269 prazas, das que 254 se ofertarían por concurso de méritos e 15 por concurso oposición) suporía a estabilización do emprego de boa parte do persoal temporal de moi longa duración e reduciría os ceses previstos en anteriores propostas empresariais", recolle o comunicado remitido aos medios.

Así, sinala que, ante a imposibilidade de conseguir na mesa de negociación unha consolidación do cen por cento dos afectados e afectadas, o Intercentros arrincoulle á dirección de recursos humanos o compromiso de que "procurará, para as traballadoras que poidan resultar cesadas, solucións que permitan a súa continuidade laboral".

As asembleas terán lugar este xoves, ás tres da tarde, de xeito presencial, para o persoal de San Marcos, e ás cinco, telemática, para o persoal das delegación territoriais e da quenda de fin de semana. De refrendarse o preacordo, desconvocariase o paro parcial previsto para

o vindeiro 27 de abril e as xornadas de folga do 1 e o 2 de maio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xian do Sil

Folga perpetua da Telegaita xa