Latín e Grego, materias obrigatorias? Esta é a proposta dun colectivo de profesores

Aseguran que cada anos "chega menos alumnado ás clases destas materias" e demandan non perder os estudos clásicos na ESO.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2022 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

Profesores de latín e grego da Sociedade Española de Estudos Clásicos en Galicia lanzan a campaña 'SOS Clásicas' para visibilizar as súas materias e mostrar á sociedade "a necesidade de non perder os estudos humanísticos na educación secundaria". Ademais, piden á Consellería de Educación que faga "todo o posible no seu marco competencial" para evitar a desaparición das linguas clásicas do ensino secundario.

Entre outras medidas, o colectivo solicita a creación dunha materia obrigatoria na ESO, xa que critica que os departamentos de Latín e Grego son "os únicos que non teñen nin unha soa materia obrigatoria no currículo". En todo caso, asegurou que a finalidade da campaña é "chamar a atención sobre o estado no que se atopan as materias tradicionalmente denominadas clásicas: Latín, Grego e Cultura Clásica".

Neste sentido, lamentou que cada ano "chega menos alumnado ás clases destas materias" porque consideran "arrastran unha cultura practicista, que tende a dar valor unicamente ao inmediatamente rendible" e que estima que "todo o que non sexa ciencia ou tecnoloxía son coñecementos de segunda categoría".

Por iso, cre que esta diminución paulatina "acentuarase coas propostas curriculares da Lomloe", agás que a Consellería de Educación "faga algo por evitar a práctica extinción destes estudos". Ante esta situación que cualifican de "dramática", o profesorado de Clásicas quere mostrar a súa preocupación e pór o foco na importancia destes coñecementos, "base tanto do saber humanístico como científico". Así, a Sociedade de Estudos Clásicos de Galicia (SEECGalicia) impulsa nas súas contas nas redes sociais Twitter, Instagram, Facebook e Youtube a campaña 'SOS Clásicas!'

Así mesmo, avanzou que esta campaña se manterá activa o que resta deste curso académico e o próximo. Así, sinalou que aspira a que "mediante vídeos protagonizados por xente do ámbito da ciencia, a política, a cultura, o deporte ou o propio alumnado" e as súas publicacións en redes, "cambie a valoración" destes estudos "en perfecta harmonía e compatibilidade cos saberes científicos".

Estudantes de bacharelato realizan os exames de Selectividade en Viveiro en imaxe de arquivo
Estudantes de bacharelato realizan os exames de Selectividade en Viveiro en imaxe de arquivo | Fonte: CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta