Temas: DISCAPACIDADE

Galicia ten a maior taxa de discapacidade en España e afecta máis ás mulleres

É 20 puntos superior á media española.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/04/2022 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

Galicia conta coa maior taxa de discapacidade en España, con 116,5 persoas por cada 100.000 habitantes, segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) relativos a 2020. A taxa galega é 20 puntos superior á media española (97 por 100.000), seguida por Canarias (115) e Castela-A Mancha (111,4), segundo a Enquisa de Discapacidade, Autonomía Persoal e Situacións de Dependencia, feita pública este martes e que ten en conta ás persoas maiores de seis anos.

O servizo de Renfe a discapacitados
O servizo de Renfe a discapacitados | Fonte: Renfe.

Por sexos, hai diferenzas en Galicia, xa que a taxa de homes é de 101, mentres que entre as mulleres ascende a 130,8. E a medida que se incrementa a idade, aumenta a taxa de discapacidade. Entre 6 e 44 anos, sitúase en 22 por 100.000 persoas en Galicia. Con todo, nos maiores de 80 anos alcanza 531.

DATOS ESTATAIS

Un total de 4.380.000 persoas en España tiña algunha discapacidade en 2020, unha cifra que supón un aumento de 530.000 en relación á última enquisa realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre este tema, realizada en 2008. 2,57 millóns son mulleres e 1,81 homes e, por idade, o 75,4% ten máis de 55 anos, un grupo de idade no que tres de cada cinco persoas con discapacidade é muller.

Segundo o traballo do INE, a taxa de discapacidade nos homes é superior á da muller ata os 34 anos, cando cambian tórnalas ata alcanzar a máxima diferenza entre sexos a parir dos 70 anos, cando esta situación afecta as mulleres en ata un 40% sobre os homes.

Temas: DISCAPACIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta