O Parlamento apoia por unanimidade pedir que se manteñan as bonificacións para o combustible pesqueiro

A única proposición non de lei que non saíu adiante co respaldo dos tres grupos (PP, BNG e PSdeG) foi unha dos populares que demanda unha folla de ruta para a transición enerxética "xusta, equilibrada e asumible" no sector pesqueiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2022 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Os grupos na Cámara galega aprobaron por unanimidade unha iniciativa que pide á Xunta que defenda ante o Estado que a postura de España ante os organismos internacionais sexa de defensa do mantemento das bonficiacións ao combustible pesqueiro.

Esta foi unha das reivindicacións xurdidas da celebración da Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo celebrada este martes no Parlamento de Galicia e onde foron aprobadas catro iniciativas distintas, tres delas por unanimidade.

A única proposición non de lei que non saíu adiante co respaldo do tres grupos (PP, BNG e PSdeG) foi unha dos populares que demanda unha folla de ruta para a transición enerxética "xusta, equilibrada e asumible" no sector pesqueiro.

A proposta, na que se abstivo o grupo do BNG, tamén solicita ao Goberno de España que defenda ante a Organización Mundial do Comercio a elaboración dunha formulación "homoxénea" no nivel de prezos e impostos para o combustible "antes de proceder á retirada dos subsidios ou bonificacións".

Ademais, o grupo maioritario sacou adiante outra iniciativa, neste caso por unanimidade, para que a Cámara faga súa a demanda do mantemento das subvencións á compra ou a cobertura dos custos do combustible, cuxa prohibición barallan a OMC e a UE.

Esta mesma iniciativa pide unha "reorientación" do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) aprobado polo Goberno para a cobertura de "as necesidades de mellora e avance cara ao futuro do sector marítimo-pesqueiro e da cadea mar-industria". Tamén reclama a revisión das medidas de protección ao marraxo dientuso e expresa o seu rexeitamento ás medidas aprobadas pola Comisión Europea que afecta á pesca tradicional.

DOUS DO BNG

Así mesmo, o BNG logrou sacar adiante dúas proposicións que tamén recibiron o respaldo unánime do Parlamento. A primeira pide á Xunta que defenda ante o Estado a inclusió no texto final do real decreto de pesca en caladoiros nacionais a diferenciación entre a arte das betas e das volantillas para que as embarcacións que empregan estas dúas últimas "poidan faenar tanto en augas interiores como fóra delas".

Por último, o Parlamento situouse a favor da integración dos buques de Gardacostas de Galicia no Réxime especial dos traballadores do mar.

O hemiciclo vota a inicitiva do PPdeG sobre a reforma do sistema de cotización dos autónomos. PARLAMENTO DE GALICIA
O hemiciclo vota a inicitiva do PPdeG sobre a reforma do sistema de cotización dos autónomos. PARLAMENTO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta