A procesión xaponesa do pene e outras curiosidades do órgano fálico

O 26 de abril celébrase o Día Mundial deste particular órgano, que conta con distinguidas homenaxes en todo o mundo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Agora hai días mundiais para todo. Por se faltaba algunha xornada para completar con estas efemérides de cada vez máis dubidoso raciocinio, resulta que agora existe tamén o día mundial do pene; e ollo, porque está cada vez máis preto. O vindeiro 26 de abril terá lugar esta rechamante conmemoración que diversas empresas con negocios arredor do órgano fálico non tardaron en aproveitar.

Procesión xaponesa do pene
Procesión xaponesa do pene | Fonte: Youtube

"O pene tamén ten o seu día: todo homenaxe é pouco para esta parte do corpo humano!", apuntan dende JOYClub, unha web dedicada aos contacto liberais de citas --liberais non dos que discuten a Adam Smith e piden o desmantelamento da sanidade pública--. O caso é que esta web de nicho vén de recompilar as curiosidades máis impactantes do particular órgano tabú; dende as particulares celebracións que teñen lugar no mundo até a pregunta que pende como o elefante na habitación.

Segundo contan dende a plataforma, o pene ten a súa propia procesión. Falamos da celebración do Kanamara Matsuri, que ten lugar na cidade xaponesa de Komaki, e precisamente, cada 26 de abril. As imaxes dan ben que falar. Nesta cidade trasladan polas rúas un pene de máis de dous metros feito en madeira e portado exclusivamente homes en idade fértil, segundo as súas tradicións. "O percorrido deste pene xigante vai desde a  pagoda masculina ata a pagoda feminina" --as pagodas son edificios típicos do lugar--. "Este tributo ao membro fálico é regado, ademais, con litros de sake e lánzanse bólas de arroz como mostra de celebración da fertilidade", inciden dende a web amentada.

De acordo coa mesma fonte, o obxectivo da celebración pasa por animar á poboación a "practicar sempre un sexo seguro, cousa que nunca está de máis lembrar e levar a cabo". E ollo con iso, porque parece ser tamén que as lesións no pene non son tan infrecuentes e mesmo poderían dar con un en coidados intensivos. Aí vai un pouco de bioloxía: "o pene está conformado por dos subcorpos cavernosos que son os que fan que o sangue se concentre e teña lugar a erección. Se o pene pasa por unha  masturbación ou penetración moi brusca, pode desgarrarse ou sufrir incluso unha fractura". 

E para rematar, o gran truco final. Neste caso é mellor deixar falar directamente a JOYClub, que se expresa con meridiana claridade sobre a cuestión palpitante. "Tamaños hai moitos, pero en España podemos estar tranquilos por estar dentro da media, con 14 centímetros. Isto non quere dicir que unha medida sexa mellor que outra, xa que para gustos colores (ou penes!)". Toda unha conclusión para o día mundial máis extravagante até o momento. Por certo, que a listaxe de días mundiais é xa tan grande que se chegan a pisar uns aos outros: o 24 de marzo, por exemplo, hai dous. Por algunha razóns, os organismos internacionais preferiron baleirar o 26 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta