A covid segue nas residencias galegas: morren outros nove anciáns só no mes de abril

Os datos, ofrecidos polo Imserso, poderían ser mesmo maiores, xa que remiten só ao período entre os días 4 e 10 do presente mes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2022 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Os falecementos de residentes de centros de maiores con Covid-19 confirmado por Proba Diagnóstica de Infección Activa (PDIA) desde o inicio da pandemia o 14 de marzo de 2020 ata o pasado 10 de abril de 2022 ascenden a 842, tras rexistrarse outros nove entre os días 4 e dez de abril.

Así consta no último informe actualizado esta semana polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) con datos ata o 10 de abril, no que se reflicte que en España morreron en centros de maiores nese período 22.476, dos cales 842 corresponden a Galicia, nove deles entre o 4 e 10 de abril de 51 en todo o país.

Na semana do 4 ao 10 de abril de 2022 rexistráronse nove mortos no conxunto da Comunidade galega en residencias, todos eles en centros de maiores. Desde o 14 de marzo de 2020 ata o 10 de abril --as comunidades autónomas remiten ao Imserso datos sobre a situación dos centros residenciais do seu territorio, tanto de maiores, como para persoas con discapacidade e outros aloxamentos permanentes de servizos sociais dirixidos aos colectivos anteriores--, en España faleceron con Covid en centros de maiores 23.110 usuarios, 62 deles na semana do 4 ao 10 de abril.

Unha traballadora e unha persoa maior nunha residencia da terceira idade
Unha traballadora e unha persoa maior nunha residencia da terceira idade | Fonte: QUINTAS FOTOGRAFOS

No conxunto de residencias de Galicia, na semana do 4 ao 10 de abril rexistráronse 561 usuarios con Covid-19 confirmados por PDIA nun total de 50 centros. En toda España ascenden a 3.808 en 564 instalacións. Do total de Galicia, 520 casos de Covid-19 corresponden a usuarios de 40 residencias de maiores nesa semana, que desde o 14 de marzo de 2020 ata o 10 de abril suman 11.575 persoas con esta enfermidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta