Xa se poden solicitar permisos para a realización de queimas no rural desde este mércores

No caso das queimas de restos forestais amontoados, deberá pedirse unha autorización debido ao risco da actuación, cun maior proceso de tramitación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2022 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural permite, desde este mércores, volver solicitar permisos para queimas de restos agrícolas e forestais, xa que as condicións meteorolóxicas así o permiten.

De tal forma, este venres, 22 de abril, será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas, segundo informa o Goberno galego nun comunicado.

As peticións poden tramitarse a través da web de Medio Rural e no teléfono 012 (en días laborables). As comunicacións deben facerse dous días antes.

No caso das queimas de restos forestais amontoados, deberá pedirse unha autorización debido ao risco da actuación, cun maior proceso de tramitación.

Queima forestal
Queima forestal | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta