Xunta e Cruz Vermella colaboran para fomentar a inserción laboral de vítimas de violencia de xénero e trata

O acordo contempla un orzamento de 560.000 euros financiados a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2022 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

A Xunta e Cruz Vermella colaborarán para a posta en marcha dun programa orientado a fomentar a inserción laboral de mulleres vítima de violencia de xénero, de trata e de explotación sexual.

O acordo, asinado este mércores pola conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a presidenta autonómica de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro; contempla un orzamento de 560.000 euros financiados a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O obxectivo é permitir a inserción laboral das participantes durante un período mínimo de seis. Formarase ás mulleres para que adquiran habilidades, recursos e ferramentas que melloren a súa preparación para o mercado de traballo, así como para superar as secuelas provocadas pola súa situación de malos tratos.

Así, Cruz Vermella encargarase do proceso de selección das participantes, proceso que se canalizará a través das oficinas de emprego, os Centros de Información á Muller (CIM), a Rede Galega de Acollemento, o Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren violencia de xénero e as entidades da Rede Galega contra a trata, entre outros.

As participantes no programa deberán estar en situación de desemprego e inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia. Ademais, terán que cumprir outros requisitos, como cesar na convivencia co agresor ou a persoa que mantiña unha relación de dominación ou estar empadroadas e residir en Galicia.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asina un convenio coa presidenta de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro. XOÁN CRESPO / XUNTA / Europa Press
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asina un convenio coa presidenta de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro. XOÁN CRESPO / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta