A provincia de Pontevedra bate marca de visitantes nesta Semana Santa

A Deputación celebra os "espectaculares datos", xa que os hoteis e as vivendas turísticas superaron as expectativas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2022 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

A provincia de Pontevedra bateu marca de visitantes e turistas esta semana Santa cunha ocupación media do 80% nos seus establecementos hoteleiros, un dato que mesmo superou os rexistros do ano 2019, segundo as cifras recollidas polo Observatorio de Turismo da Deputación.

A institución provincial celebra estes "espectaculares datos", xa que os establecementos hoteleiros se situaron ata 20 puntos porcentuais por encima do previsto e as vivendas turísticas, ata 10 por encima, chegando a ser nalgunhas localidades un 15% superior ás mesmas vacacións de antes da pandemia. En canto ao turismo rural, a ocupación situouse sobre o 70%, o que xa se estimaba.

Os visitantes proviñeron, principalmente, doutras partes do Estado, concretamente de Madrid, Biscaia e Barcelona. Mentres tanto, os estranxeiros procederon de Portugal, Alemaña, Francia, Colombia, Estados Unidos e Reino Unido. O perfil maioritario de turista é o dunha persoa entre 35 e 60 anos que se aloxa en hoteis durante catro e seis días e acode á provincia motivado por aspectos relacionados coa cultura.

POR COMARCAS

Se se observan as cifras de ocupación hoteleira por comarcas, á cabeza situouse a de Vigo, con máis do 80%. Desta zona, a Deputación destaca que a propia cidade olívica situouse entre o 85% e o 90%, mentres que Baiona chegou ao 90%.

Tras a viguesa situouse a comarca do Morrazo, que chegou ao 78%, e a do Salnés, que superou o 76%. Neste último caso, municipios como O Grove situáronse por encima do 86% de ocupación hoteleira e Sanxenxo rexistrou mesmo o 87% naqueles de maior número de estrelas.

No caso da comarca de Caldas, a porcentaxe estivo no 74% e na de Pontevedra, no 73%, superando o 85% na propia capital provincial. Mentres tanto, as comarcas de O Condado e A Paradante chegaron ao 72%, O Baixo Miño ao 70%, e as de Deza e Terra de Montes rozaron o 65%.

VIVENDAS TURÍSTICAS

En canto ás vivendas turísticas da provincia, superaron o 92% --12 puntos máis que o estimado antes de Semana Santa--. Esta porcentaxe media provincial foi superado en localidades como Sanxenxo ou Cangas, onde colgaron os carteis de completo. Neste tipo de aloxamentos, de acordo con datos da Deputación, aloxáronse principalmente persoas provenientes de Asturias, Castela e León e o norte de Portugal.

Se se observan as cifras do turismo rural, a ocupación media foi do 70% en toda a provincia, pero rozou o 100% na comarca do Baixo Miño. Tras estas, estiveron Caldas (73%), O Salnés (71%), O Morrazo (70%), comarca de Pontevedra (68%), O Condado e A Paradanta (65%), a de Vigo (60%) e Deza e Terra de Montes (58%).

CASTELOS MUSEALIZADOS

Así mesmo, durante a Semana Santa se acercadon ata os castelos musealizados pola Deputación de Pontevedra --Soutomaior e Sobroso-- un total de 1.884 visitantes. Ao de Soutomaior acudiron 1.434, 144 máis dos que o fixeron o ano pasado; mentres que o de Sobroso, que estreou musealización dixital, visitárono 450 persoas que agoraron todas as prazas para as xornadas de portas abertas. A fortaleza do Condado volverá abrirse a visitas nos primeiros días de maio.

Varias persoas camiñan por un paseo marítimo en Sanxenxo, Pontevedra, Galicia (España), a 21 de marzo de 2021. Beatriz Ciscar - Europa Press
Varias persoas camiñan por un paseo marítimo en Sanxenxo, Pontevedra, Galicia (España), a 21 de marzo de 2021. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta