Chaman a doar sangue ante a falta de reservas dos grupos A+, 0- e 0+ nos hospitais galegos

As xornadas festivas de Semana Santa, explicou ADOS, "afectaron os niveis de reserva dos diferentes grupos sanguíneos", polo que incide en "relanzar a constante solicitude á doazón de sangue".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2022 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) chama aos galegos a doar sangue, en especial dos grupos A positivo (A+), Cero positivo (0+) e Cero negativo (0-) para cubrir as necesidades dos hospitais.

Segundo informou ADOS nun comunicado de prensa, as reservas deste tres grupos sanguíneos "presentan niveis baixos", polo que resulta "necesario", subliña, "reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación da Axencia".

As xornadas festivas de Semana Santa, explicou ADOS, "afectaron os niveis de reserva dos diferentes grupos sanguíneos", polo que incide en "relanzar a constante solicitude á doazón de sangue".

Por iso, lembra que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para desenvolver "de maneira eficaz", subliñan as mesmas fontes, as súas tarefas.

Así, lembra que en períodos vacacionais "pode baixar o número de doazóns", aínda que non sucede o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que necesitan os centros sanitarios. Por iso, apela ADOS á "xenerosidade e altruísmo" dos cidadáns, polo que pide un "esforzo especial" para incrementar as reservas de sangue.

UNIDADES MÓBILES

Así mesmo, ADOS lembra que na actualidade desenvólvese a segunda fase da campaña de doazón de sangue #reto 5000 nas tres universidades galegas, onde as unidades móbiles percorren os campus do sete cidades.

Tamén as unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán varios concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do "gran labor" asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS chama a doar sangue en Galicia.. ADOS
ADOS chama a doar sangue en Galicia.. ADOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta