A Xunta permitirá o pago de débedas tributarias a través de transferencia bancaria e xiro postal

Por E.P. | VIGO | 22/04/2022 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia permitirá o pago das débedas tributarias a través de transferencia bancaria e xiro postal, ampliando así os medios de pago dispoñibles co obxectivo de facilitar o cumprimento das obrigacións de todos os cidadáns. Desta maneira, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a orde da Consellería de Facenda e Administración Pública pola que se regula o pago mediante estes dous métodos.

Esta normativa permitirá, previa publicación das respectivas resolucións da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), o emprego destes medios de pago para os tributos autonómicos. "Trátase de ampliar as posibilidades de pago das que xa dispoñen os cidadáns, e no caso do pago mediante transferencia bancaria, dar resposta a todos aqueles casos nos que o contribuínte non ten aberta unha conta en ningunha das entidades colaboradoras coa Atriga", indicou a Xunta nun comunicado.

Esta medida, segundo explica o Goberno galego, enmárcase nas actuacións desenvolvidas pola Atriga para reforzar e avanzar na información e simplificar a asistencia a todos os cidadáns. Así, en 2021 se universalizó a posibilidade de que calquera cidadán puidese abonar de forma 'en liña' todos os ingresos xestionados por este organismo, para evitar os desprazamentos ás oficinas bancarias.

Unha empregada traballa nunha oficina da Axencia Tributaria
Unha empregada traballa nunha oficina da Axencia Tributaria | Fonte: Marta Fernández Xara - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta