Un xulgado recoñece abuso sexual en tentar espir unha muller cando durme

A Audiencia Provincial da Coruña condena o home a 3.150 euros de multa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/04/2022 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, recoñeceu o abuso sexual a unha muller que cometeu un home ao tentar espila cando durmía. O delincuente foi condenado a 3.150 euros de multa.

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo | Fonte: arquivo

O tribunal considera probado que o sospeitoso, ao que se permitiu pasar a noite na vivenda, "entrou na habitación" da vítima e, aproveitando que durmía, "púxolle as mans á altura da cintura para baixarlle o pantalón curto de pixama que vestía". Nese momento, entrou na habitación, para saudala, unha moza que tamén residía no inmoble, quen "berrou ao ver o que ocorría e espertou á afectada, polo que o condenado apartouse dela".

"O contexto en que se producen e a ausencia de calquera outro propósito que puidese xustificar este comportamento externo do acusado fan que deba considerarse que pór as súas mans sobre o corpo da vítima, aínda que fóra sobre a súa roupa, e iniciar a manobra de quitarlle a peza de roupa coa que cubría a parte inferior do abdome, ten un inequívoco contido sexual, que xustifica a tipificación como abuso sexual", subliñan os maxistrados.

No fallo xudicial destacan que é "indiferente, a efectos da consumación do delito, se tal manobra de espir á vítima chegou ou non a culminarse, pois é un delito de mera actividade, que se consuma coa realización de condutas que afectan a liberdade sexual allea, que, desde logo, comprende decidir se alguén lle pon enriba as mans ou tenta desvestila".

Na sentenza, o tribunal relata que a vítima "berrou ao agresor que se fose do piso" e, mentres baixaba cara á rúa polas escaleiras, golpeouno na cara cun bastón que había na vivenda.

Por estes feitos, a muller foi condenada por un delito de lesións a pagar 900 euros. Adicionalmente, "quen era ou fora" a súa parella, segundo a resolución, tivo un altercado co condenado dous días despois na rúa, durante o cal "o golpeou varias veces na cara". Por iso, o tribunal impúxolle unha multa de 900 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta