45 finalistas nos premios Follas Novas do Libro Galego

O 7 de maio celebrarase a gala na que se darán a coñecer os gañadores nas 15 categorías.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/04/2022 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

Os premios Follas Novas do Libro Galego anunciaron os seus 45 finalista, que valoran a produción literaria e editorial en Galicia durante o 2021. Os galardóns divídense en 15 categorías seccionadas entre premios a obras editadas o ano pasado e traxectorias profesionais.

Feira do Libro
Feira do Libro | Fonte: Europa Press.

Os gañadores daranse a coñecer o 7 de maio nunha gala que se celebrará no Teatro Principal de Compostela. Esta gala levará a cabo de maneira presencial despois de dous anos nos que os premios foron entregados de maneira telemática.

Os premios, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, son o resultado dun proceso que se ampliou esta edición a catro fases de valoración completa de toda a produción editorial galega.

Respecto dos premios outorgados a obras editadas en 2021, están divididos en 15 categorías con tres finalistas en cada unha delas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta