Continúan os roubos de gasoil en plena rúa ante a suba dos carburantes

A Garda Civil detivo a dous veciños da Costa da Morte por fracturar os depósitos de varios coches.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2022 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a dous veciños da Costa da Morte e investiga a outros dous en relación cunha decena de roubos de gasoil en maquinaria, camións e tractores nos municipios coruñeses de Camariñas, Muxía, Fisterra, Corcubión, e Carnota. O equipo Roca da Garda Civil de Carballo, en colaboración con axentes de Corcubión e Muxía, así como Policía Local de Muxía, detiveron a dous veciños e investigaron a outros dous das localidades de Muxía e Fisterra como presuntos autores de varios delitos de roubos de gasoil.

A investigación abriuse por mor das denuncias interpostas por varios prexudicados nas dependencias oficiais da Garda Civil desde o pasado mes de novembro de 2021. O 'modus operandi' consistía en fracturar as tapas do depósito de combustible de diversa maquinaria que estivese na vía pública para subtraer o gasoil que se atopaba no interior.

Aproveitaban que distintas empresas, que realizaban obras de gran calado, deixaban estacionada maquinaria pesada, con grandes depósitos de combustible, na vía pública pero con pouca visibilidade para cometer os roubos. Tamén subtraían gasoil dos camións ou tractores de gran tamaño e chegaron mesmo a entrar no interior dunha nave para levar o combustible dun camión. Fracturaron o cadeado dunha leira para acceder ao interior e levar o gasoil dunhas máquinas escavadoras e entraron en empresas que tiñan maquinaria que realiza servizos públicos.

Os feitos ocorrían a altas horas da madrugada e supuña unha granpérdida económica para as empresas, particulares e entes públicos. A investigación continúa aberta e as dilixencias foron postas a disposición do xulgado de Corcubión.

Vehículos de ocasión. COCHES.NET - Arquivo
Vehículos de ocasión. COCHES.NET - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta