A telemedicina, como as administracións queren atender os pacientes no entorno rural para aforrar

As consultas que máis se realizan son para obter asistencia psicolóxica, dermatolóxica e de medicina interna.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/05/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A pandemia puxo de manifesto as carencias e desigualdades existentes no sector sanitario De feito, segundo o informe nº49 de Oxfam Intermón España ocupaba o 4º país europeo con maior desigualdade en Sanidade antes da crise provocada pola COVID-19, desigualdade que se agravou. Estas diferenzas son aínda máis acusadas na chamada España baleirada, onde as posibilidades de acceder á atención dun profesional médico son aínda menores, sobre todo no caso da segunda atención médica por parte dun especialista.

O titular do Goberno galego participa nun encontro con persoas usuarias do programa de Teleasistencia. XUNTA
O titular do Goberno galego participa nun encontro con persoas usuarias do programa de Teleasistencia. XUNTA

Neste contexto, as administracións sanitarias apostaron pola telemedicina para achegar a relación médico-paciente nos momentos máis críticos de confinamento e para dar servizo nas zonas con desertos médicos, cidades e zonas rurais nas que non hai presenza, ou moi reducida, de especialistas médicos. O que derivou en que o uso destes sistemas crecese exponencialmente, sobre todo desde o 2020, como un sistema de aforro para a sanidade pública xa que que está evitando que os médicos cheguen a máis zonas rurais.

Por iso, desde entón, os datos apuntan que o uso da telemedicina aumentou, sobre todo, para dar cobertura aos pacientes con patoloxías de calquera especialidade nos entornos rurais. De feito, o 67% das consultas a través de chat ou vídeo desde a plataforma de Top Doctors están feitas desde zonas con carencias de asistencia especializada.

O paciente dixital destas zonas do rural teñen unha idade comprendida entre os 35 e 40 anos, e no 63% dos casos son mulleres. Ademais, detectouse que as consultas que máis se realizan son para obter asistencia psicolóxica, dermatolóxica e de medicina interna. "Segundo os nosos datos internos, o 46% dos pacientes cítanse en localidades distintas ás súas, é dicir, están a desprazarse para realizar unha consulta médica", explica Alberto Porciani, CEO de Top Doctors. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta