Temas: MAR TURISMO

O turismo náutico galego creceu un 40% nos últimos dez anos

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/04/2022 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou este luns co presidente da Asociación de Náuticos de Galicia, Javier Ruíz de Cortázar, un convenio de colaboración para a promoción e comercialización do turismo náutico en Galicia, modelo polo que aposta o Goberno galego para a promoción da Galicia litoral e dos Camiños do Mar.

Durante o acto, Alfonso Rueda destacou que o turismo náutico xa era unha potencia antes da pandemia, cun incremento do 40% no número de embarcacións nos últimos dez anos, e supón agora un gran revulsivo, xa que se axusta ao modelo de turismo de calidade, seguro e sustentable que buscan os turistas do século XXI. "A Galicia espéranlle grandes proezas no turismo náutico", dixo o vicepresidente primeiro.

Alfonso Rueda asina un convenio para a promoción do turismo náutico
Alfonso Rueda asina un convenio para a promoción do turismo náutico | Fonte: Xunta de Galicia.

Temas: MAR TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta