A Xunta busca apurar ao Goberno para a tramitación das compensacións polo dragado na ría do Burgo

Segundo o executivo galego, esta situación afecta a unhas 80 familias da contorna da Coruña, polo que pide ao Goberno central que "poña fin canto antes á incerteza actual".

Por E.P. | A CORUÑA | 25/04/2022 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar reclamou ao Goberno central que "axilice" a tramitación das compensacións aos mariscadores polo dragado da ría do Burgo.

Nun comunicado, afirma que nun encontro celebrado na Delegación do Goberno "o Estado comprometeuse a buscar a fórmula máis adecuada de tramitalas coa finalidade de acelerar as xestións ao máximo e dar resposta canto antes aos profesionais do sector".

A Administración autonómica denuncia a existencia dunha "dilación inxustificada" e pide ao Executivo central "que actúe con seriedade e dea unha solución inmediata aos profesionais do sector".

Esta situación, sinala, afecta a unhas 80 familias da contorna da Coruña, polo que pide ao Goberno central que "poña fin canto antes á incerteza actual".

Ría do Burgo. MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA
Ría do Burgo. MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta