A economía galega estáncase polo "shock externo" da guerra ucraína

O sector turístico mostra un "comportamento extraordinario" mentres a industro sobre un "destacado retroceso", expón o Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2022 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia mostrou no mes de febreiro un incremento interanual do 2,2%, dúas décimas menos que o correspondente ao mes de xaneiro, segundo informou este martes o Foro Económico de Galicia nun comunicado. Ante estes datos, o Foro conclúe que o crecemento confirma a "desaceleración do ritmo de recuperación da actividade económica en Galicia" iniciado en novembro do ano pasado.

Así mesmo sinala que, con dous meses transcorridos do primeiro trimestre do ano e unha contracción total de oito décimas respecto ao valor no que finalizou o ano, pódese comprobar como "os obstáculos motivados pola falta de subministracións e a alza dos prezos nas materias primas" inciden negativamente no conxunto da economía galega.

Ademais, detallan que o seguinte valor do indicador, correspondente ao mes de marzo, xa recollerá os efectos do "shock externo" provocado pola guerra de Ucraína e as súas consecuencias. 

Un autónomo bota o peche do seu negocio tras a súa xornada laboral. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo
Un autónomo bota o peche do seu negocio tras a súa xornada laboral. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo

En relación á evolución individual das variables recollidas neste Indicador, igual que en meses anteriores continúa o "extraordinario comportamento" das variables referentes ao sector turístico con crecementos interanuais superiores ao 50%. En sentido contrario, segundo estima o comunicado, o Índice da cifra de negocios na industria sofre un "retroceso destacado" dun 25% en termos interanuais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta