O PP pide ao Goberno que "aclare" se concederá a extradicción do opositor venezonalo Rolando Figueroa

O senador do PP pola provincia da Coruña apunta que se está "ante unha persecución política máis que dunha actuación derivada dun feito delituoso".

Por E.P. | A CORUÑA | 26/04/2022 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O senador do PP pola provincia da Coruña Miguel Lorenzo presentou ante a Mesa da Cámara Alta unha pregunta dirixida ao Goberno na que pide que "aclare canto antes" a súa postura ante unha posible extradición do avogado venezolano Rolando Figueroa, casado cunha coruñesa, pai de dous fillos e residente na cidade, ao que se lle denegou a solicitude de asilo político.

O senador alerta no seu escrito ao Goberno sobre o feito de que Venezuela reclame a Figueroa por un procedemento que se iniciou dous anos despois da súa saída do país, cando xa estaba a residir en España. E apunta que, presuntamente, se está "ante unha persecución política máis que dunha actuación derivada dun feito delituoso".

Lorenzo sostén que Venezuela "é un país que non respecta os dereitos humanos nin a presunción de inocencia". "Tampouco existen garantías xudiciais minimas que garantan un proceso xusto, sobre todo cando se trata dunha persoa recoñecida pola súa militancia de oposición ao réxime de Maduro, que tivo que saír do país debido ás ameazas sufridas sobre el e a súa familia".

O senador estima que en caso de ser extraditado a súa integridade física podería correr perigo. "No hipotético caso de que se conceda a extradición, que garantías ten o Goberno de que se vai respectar a integridade física de Rolando e que vai ter un proceso xusto?", inquiere o senador ao Executivo.

Miguel Lorenzo visitou o pasado verán a Rolando Figueroa cando estivo encarcerado durante unhas semanas na prisión de Teixeiro. Xa entón alertou sobre a situación que se estaba producindo porque apuntaba que a detención tiña que ver cun presunto delito de estafa cometido hai dez anos en Venezuela "do que nunca se achegaron probas e do que nunca tivo noticia o procesado durante os seis anos que residiu alí antes de exiliarse", argumenta.

Actividades no centro penitenciario de Teixeiro
Actividades no centro penitenciario de Teixeiro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta