O Sergas convoca 106 prazas para "paliar o déficit de médicos" en Primaria

Destaca que Galicia "se converte na primeira comunidade en empregar o sistema de selección por concurso de méritos" para afrontar esta carencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2022 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) abrirá este xoves, 28 de abril, o prazo para presentar solicitudes para presentarse á Oferta Pública de Emprego (OPE) con 106 prazas co fin de "paliar o déficit de médicos" en Atención Primaria, que permanecerá aberto ata o 31 de maio.

Así o informa a Consellería de Sanidade nun comunicado de prensa, no que indica que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición deste mércores a convocatoria de OPE con 106 prazas de médico, na especialidade de Atención Primaria.

Iso, destacou Sanidade, converte a Galicia na "primeira comunidade autónoma en empregar o sistema de selección por concurso de méritos" para "paliar o déficit de médicos" e "dar unha resposta adecuada ás necesidades deste nivel asistencial".

Deste xeito, incide en que se garante "a continuidade asistencial con criterios de calidade e tendo en conta as dificultades excepcionais relacionadas coa escaseza de profesionais médicos de familia", as actuacións previstas no Plan galego de Atención Primaria 2019-2021 e, engade, "a necesidade de establecer cambios na prestación asistencial e na ordenación dos recursos humanos dos equipos de Atención Primaria".

Das 106 prazas da OPE, 73 corresponden á quenda de acceso libre, seis resérvanse para o acceso de persoas con discapacidade e 27 á promoción interna.

O conselleiro de Sanidade, Julia García Comesaña, visita o centro de saúde de Rodeiro.. XUNTA DE GALICIA
O conselleiro de Sanidade, Julia García Comesaña, visita o centro de saúde de Rodeiro.. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta