Máis fondos do Goberno para conservar as Illas Atlánticas

A dotación aumentará levemente tras incluír no cómputo das axudas á poboación residente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2022 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

O Goberno central terá en conta á poboación residente nas illas Ons e Cíes á hora de repartir entre todos os parques nacionais as axudas para actuacións nas súas respectivas áreas de influencia.

Así o destacou a Xunta nun comunicado, no que explica que este feito foi confirmado na última reunión do Consello da Rede de Parques Nacionais, na que participaron por videoconferencia a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e o director conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández, que lembraron que o Goberno galego leva tempo reivindicando que se computase á poboación insular de ambos os arquipélagos a efectos do reparto de fondos, tal e como se facía xa no caso dos Picos de Europa.

Deste xeito e por primeira vez, segundo sinalou a Xunta, as Illas Atlánticas beneficiaranse dun factor corrector do 0,64% na distribución territorializada das subvencións estatais para proxectos e actuacións na área de influencia dos parques, un programa que este ano contará cun orzamento global de 3 millóns de euros.

A Administración autonómica apuntou que a aplicación deste axuste poboacional no caso de Galicia permitirá que manteña e mesmo mellore a súa posición na repartición de fondos estatais reservados a estas axudas, a pesar de que o este ano fai un parque nacional máis --Sierra das Neves--.

En todo caso, Do Campo aproveitou a reunión para reivindicar que, de cara ao futuro, o carácter insular do único parque nacional da Comunidade galega debe terse en conta como criterio específico de repartición por parte do Ministerio.

Illas Cíes / Xunta de Galicia. / Europa Press
Illas Cíes / Xunta de Galicia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta