A denuncia por acoso á moza de Sanxenxo que perdeu a protección recae agora no xulgado de violencia de xénero

A Audiencia de Pontevedra retiráralle a orde de protección á vitima, que denunciou que o seu exmozo intentou atropelala.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 28/04/2022 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A denuncia que interpuxo unha moza de 20 anos de Sanxenxo por acoso do que indicou que fora o seu noivo, e que perdeu as medidas de protección ditadas inicialmente polo xulgado número 2 de Cambados, dirimirase agora no xulgado número 3, que é competente de violencia de xénero.

Esta resolución abre a posibilidade a que se adopten decisións derivadas da instrución dun caso que, en palabras (durante a Comisión de Política Social do Parlamento este xoves) da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, mantén "aterrados" a todos os membros da familia da moza.

Inicialmente, o xulgado número 2 de Cambados outorgou medidas de protección á moza que denunciou o acoso, pero a Audiencia Provincial retirou as medidas concedidas. Con todo, agora a sección cuarta vén de resolver a competencia da denuncia, segundo un auto que deu a coñecer o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que determina que é o número 3 o competente, por estar ante un posible delito de violencia machista.

"Achámonos ante un suposto de violencia de xénero, polo que a competencia, de conformidade coas normas procesuais, debe de ir atribuída ao xulgado que teña a competencia en materia de violencia sobre a muller", apunta no auto, recollido por Europa Press. Neste caso, como se explicita, trátase do número 3 dos de Cambados.

Entre os argumentos recollidos, inclúese que, examinados os antecedentes do caso, coa "provisionalidade que resulta" ao situarse a cuestión nos "inicios da investigación" e, "ao non contar con outros datos nestes momentos", hase "de partir" da propia declaración da vítima que "cualifica a relación mantida co investigado de 'noivado'".

"E sen entrar agora noutro tipo de consideracións, porque, insistimos, se carece de datos indiciarios que permitan efectuar unha valoración diferente, consideramos que resulta competente por razón da materia o Xulgado de Instrución número 3 dos de Cambados con competencia en materia de violencia sobre a muller, sen prexuízo do que poida resultar ao longo da investigación", sinala o auto.

En febreiro de 2022, o xulgado de instrución número 2 acordou abrir dilixencias e rexeitou a inhibición do xulgado número tres, o que desembocou finalmente na elevación da cuestión de competencia ante a Audiencia Provincial.

INHIBICIÓN

A vítima interpuxo senllas denuncias por feitos ocorridos na proximidade do tempo en ambos os xulgados. Inicialmente, explica o auto, debería recaer toda a causa no primeiro deles, pero a Audiencia Provincial resolve que debe de ser o xulgado número 3 por ser o que ten competencias de violencia de xénero e por tratase, indiciariamente, dun caso deste tenor. A defensa do acusado recorreu a inhibición do xulgado número 2 en favor do 3 efectuada o 9 de febreiro de 2022, o que fixo "solaparse" as decisións, explica o auto.

Manifestación do 8M de 2022 en Santiago / ÁLVARO BALLESTEROS - Europa Press. / Europa Press
Manifestación do 8M de 2022 en Santiago / ÁLVARO BALLESTEROS - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta