Trasladan en helicóptero un traballador tras caerlle encima un tronco nun monte de Caldas de Reis

Nese momento, a central de emerxencias recibiu a alerta da situación do home a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atendelo e posteriormente trasladalo ao centro hospitalario de referencia.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 28/04/2022 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

Un operario tivo que ser trasladado en helicóptero ao resultar gravemente ferido tras caerlle encima un tronco cando traballaba nun monte situado en Caldas de Reis.

Os feitos, segundo informa o 112 Galicia, ocorreron nunha zona de monte da parroquia de Saiar uns minutos despois das 14,15 horas da tarde.

Nese momento, a central de emerxencias recibiu a alerta da situación do home a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atendelo e posteriormente trasladalo ao centro hospitalario de referencia.

Tras recibir o aviso, o 112 solicitou a intervención de Protección Civil de Caldas, da Policía Local e da Garda Civil. Así, os servizos desprazados colaboraron co equipo médico na evacuación do ferido ata a aeronave.

Sede do 112, Axega. 112
Sede do 112, Axega. 112 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta