A Deputación de Lugo patrocinará o Resurrection Fest con 150.000 euros

A cita terá lugar en Viveiro entre o 28 de xuño e o 3 de xullo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2022 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

A deputada de Turismo e portavoz socialista na Deputación de Lugo, Pilar García Porto, anunciou, tras a xunta de goberno provincial, que se destinarán 150.000 euros para patrocinar o festival Resurrection Fest en Viveiro, que se celebrará do 28 de xuño ao domingo 3 de xullo.

García Porto concretou que se aprobou "o contrato de patrocinio" para ese festival. "Desde a Deputación vén colaborando economicamente na organización deste festival de rock que xa naceu hai 15 anos e esperamos que regrese con toda a forza, que recupere e que incremente o retorno económico que xa tiña na Mariña antes da pandemia", lembrou.

Segundo comentou, a volta do "Resu" trátase de "unha boa noticia para a economía da Mariña". "Así falamos dun festival que na súa última edición, antes da Covid, contou con máis de 100.000 visitantes". "É un evento que xera, segundo os estudos que fai a Universidade de Santiago de Compostela un total de nove millóns de euros de beneficio, e que ademais consegue unha proxección internacional equivalente a unha campaña publicitaria de 14 millóns de euros. Consolídase como un dos principais festivais non só europeos senón mundiais", eloxiou.

Resurrection Fest.. RESURRECTION FEST - Arquivo
Resurrection Fest.. RESURRECTION FEST - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta