Inés Rey nega "arbitrariedade" nos nomeamentos censurados pola xustiza

Un xulgado declarou ilegais a selección de persoal para unha comisión do Concello.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2022 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, negou "arbitrariedade" nos nomeamentos en comisión de servizo no consistorio, ao ser preguntada polas críticas do PP a este respecto e despois dunha sentenza que declara non conforme a dereito a resolución pola que se cubriu tres postos de dirección en Servizos Sociais mediante este procedemento.

"Os servizos xurídicos están a estudar esa sentenza e se é susceptible de recurso presentarase ese recurso", argumentou, delegando a decisión nos mesmos. "En ningún caso", sentenciou en resposta ás críticas dos populares sobre unha suposta "arbitrariedade" nestes nomeamentos. "O PP está en cousas que non lle preocupan á xente, non está nas solucións", expuxo. A rexedora coruñesa fixo estas manifestacións na rolda de prensa que ofreceu con posterioridade á Xunta de Goberno extraordinaria para informar os asuntos tratados na mesma.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, este xoves en rolda de prensa tras a celebración da xunta ordinaria do goberno local. ANDY PÉREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, este xoves en rolda de prensa tras a celebración da xunta ordinaria do goberno local. ANDY PÉREZ

SENTENZA

Foi o pasado mércores 27 que o Xulgado do Contencioso-administrativo número 4 da Coruña declarou non conforme a dereito a resolución pola que o Concello da Coruña cubriu tres postos de dirección en Servizos Sociais mediante o procedemento de comisión de servizo, segundo informou a CIG.

O sindicato remarca que a sentenza conclúe "que na súa decisión o goberno municipal non foi transparente e mesmo entende que os criterios de valoración empregados foron elaborados para cada caso especificamente, sen que existisen baremos homoxéneos, cuantificables e computables".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta