Prisión provisional para a muller acusada de apuñalar a súa parella en Monte Alto

Polas feridas sufridas, o home foi hospitalizado, aínda que sen risco para a súa vida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2022 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución nº3 da Coruña, en funcións de garda, decretou este sábado prisión provisional comunicada e sen fianza para a muller detida este xoves por apuñalar á súa parella en Monte alto. Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), investígaselle por un delito de homicidio en grao de tentativa.

A muller pasou este sábado a disposición xudicial, tras ser detida este xoves por axentes do Corpo Nacional de Policía. Os feitos producíronse a última hora da tarde do mércores na avenida de Hércules, no barrio de Monte Alto, nun caso de violencia doméstica.

En concreto, de acordo coa información facilitada, a muller agrediu á súa parella cun coitelo. Polas feridas sufridas, o home foi hospitalizado, aínda que sen risco para a súa vida, precisaron as fontes consultadas. Tras o sucedido, os axentes do Corpo Nacional de Policía desprazados ao lugar dos feitos procederon á detención da muller.

Axentes da Policía Nacional nunha imaxe de arquivo.. CNP - Arquivo
Axentes da Policía Nacional nunha imaxe de arquivo.. CNP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta