Temas: FORMOSO DOG PSDEG PP

O PSdeG reivindícanse como "a alternativa sensata" fronte a un PP "en fin de ciclo"

Agora é o momento de que "Galicia teña un goberno que se poña a traballar ao servizo de Galicia e non do PP", explica Formoso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2022 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou este sábado aos socialistas galegos como "a alternativa sensata e ilusionante" que necesita Galicia fronte a un PP "en fin de ciclo". A través dunha nota de prensa remitida aos medios, Formoso sinalou que o PSdeG "está chamado a liderar o cambio en Galicia", ante "un PP enredado na historia interminable da sucesión de Feijóo".

Nesta mesma liña, valorou que a sucesión de Núñez Feijóo foi "demasiado longa". Así mesmo, o líder do PSdeG valorou o proxecto socialista por "estar á altura das circunstancias e das ansias dos galegos" que, asegurou, "queren un goberno forte" e que "respecte as tradicións e revolucione" Galicia "con tranquilidade".

Así, presentou como aval a xestión socialista en tres das catro deputacións e en 111 concellos, que representan o "62% da poboación" fronte a "un PP en fin de ciclo". Neste sentido, defendeu que, despois dunha "etapa de meses" nos que "o PP se dedicou a arranxar os seus problemas internos de sucesión", agora é o momento de que "Galicia teña un goberno que se poña a traballar ao servizo de Galicia e non do PP".

Por último, Formoso sinalou que Galicia "espera por un DOG e un goberno que lidere a toma de medidas e que as publique no diario oficial dunha vez por todas". Ademais, engadiu que Galicia está "aterida" pola situación económica "máis grave dos últimos 30 anos", que afecta a gandaría, agricultura, pesca, transportistas e fábricas que "adoecen de falta de produción pola carestía dos prezos da electricidade".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nunhas xornadas de debate sobre a lei do xogo. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nunhas xornadas de debate sobre a lei do xogo. PSDEG | Fonte: Europa Press

Temas: FORMOSO DOG PSDEG PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta