Desconvocada a folga indefinida na limpeza no hospitais Provincial e Montecelo

O comité e a empresa chegaron a un acordo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2022 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

Os traballadores de Acciona, concesionaria do servizo de limpeza hospitalaria en Pontevedra, desconvocaron a folga indefinida que comezou este luns, 2 de maio, despois de chegar a un acordo de convenio coa empresa que inclúe as "principais reivindicacións do cadro de persoal".

Así o informaron fontes sindicais, que explicaron que entre elas se recolle a elaboración do cuadrante anual para "distribuír mellor os descansos" e "evitar que os empregados teñan que traballar ata 11 días seguidos como na actualidade".

A iso súmase o establecemento dun plus de convenio a cobrar nun único pago no mes de outubro de 150 euros este ano, de 200 en 2023 e de 500 en 2024. Tamén pactaron un plus de absentismo a cobrar tamén nun só pago en outubro, de 50 euros para este ano, de 100 para 2023 e de 200 para 2024, así como outras melloras de carácter social.

O preacordo entre o comité --integrado por CIG, CCOO e UGT-- e a dirección de Acciona foi ratificado en asemblea pola maioría dos traballadores, destacaron os sindicatos. As partes comprometéronse a asinar definitivamente o convenio antes do próximo 15 de maio.

Un traballador da limpeza varre as inmediacións das Urxencias dun hospital galego
Un traballador da limpeza varre as inmediacións das Urxencias dun hospital galego | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

A Consellería de Sanidade publicara este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se determinan os servizos mínimos durante esta folga con carácter indefinido que afectaba o persoal da empresa que presta servizos de limpeza nos hospitais Provincial e Montecelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta