A Xunta fixa servizos mínimos para a folga do profesorado temporal convocada para o 3 de maio

Fixa uns servizos mínimos inferiores a outras convocatorias de folga durante a covid-19.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2022 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

A Xunta fixou, nunha orde publicada este luns no DOG, os servizos mínimos para a folga do profesorado temporal convocada pola CUT para este mércores, 3 de maio. En concreto, na orde, a Administración galega lembra que a educación é un servizo esencial e, por tanto, que debe garantirse a apertura de todos os centros e o coidado dos nenos que acudan aos mesmos.

Para fixar os servizos mínimos, ten en conta que Galicia aínda se atopa afectada pola pandemia de covid-19, aínda que non "nun nivel álxido". Por tanto, fixa uns servizos mínimos inferiores a outras convocatorias de folga durante a covid-19, pero superiores aos de antes da pandemia.

En concreto, Educación establece que debe estar no centro o titular da dirección ou un membro do seu equipo que o substitúa, excepto nos centros de menos de seis unidades, onde pode ser substituído por un docente.

No caso dos docentes requiridos, estará presente un docente por cada localidade nos colexios rurais agrupados, un docente por cada tres unidades nos centros de educación especial, un docente por cada catro unidades en centros de educación infantil ou primaria e un docente por cada cinco unidades en centros de secundaria ou bacharelato. Nos centros residenciais haberá un docente por quenda.

FOLGA

A CUT convocou a todo o profesorado temporal, e tamén ao fixo, en solidariedade, a unha xornada de folga este martes, día 3 de maio. Con esta protesta, os docentes piden á Xunta a "correcta" aplicación da Lei 20/2021 de Redución da Temporalidade e reclaman, por medio da CUT Ensino, "máis do dobre das prazas publicadas de estabilización".

Unh profesor nunha aula dun colexio
Unh profesor nunha aula dun colexio | Fonte: CCOO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta