A Xunta instala en Ordes unha pantalla informativa sobre calidade do aire e meteoroloxía

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2022 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia instalou no municipio de Ordes unha pantalla informativa sobre a calidade do aire, a meteoroloxía e os avisos ante posibles fenómenos extremos. O dispositivo colocouse na Praza do Concello, nun lateral do acceso á casa consistorial, por ser unha zona na que se concentra a actividade comercial local e tamén un punto de encontro veciñal.

A información que proporcionan as pantallas de Meteogalicia é específica para o lugar, pero tamén para o tipo de localización, diferenciando a información de interese segundo a zona --costa (temperatura da auga, ondas, mareas, etc.) ou interior-- e estación cálida ou fría. Ademais, hai un apartado especial dedicado aos avisos meteorolóxicos e de calidade do aire.

Coa instalación desta pantalla en Ordes, a Consellería de Medio Ambiente completa a posta en funcionamento de máis dunha vintena de pantallas dixitais que xa están localizadas en Santiago de Compostela (2), A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Monforte, Verín, Ribadeo, Baiona, Lalín, Porto do Son, Ribeira, Sanxenxo, O Grove, Foz, Fisterra, O Cebreiro, Sarria e Melide

Estación metereolóxica. Entre outras funcións realiza medicións para estudar o cambio climático
Estación metereolóxica. Entre outras funcións realiza medicións para estudar o cambio climático | Fonte: meteorologiaenred.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta