Conde di que unha descentralización dos fondos europeos actuaría como "vacina" da crise

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2022 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, insistiu en que a "cogobernanza" na xestión dos fondos europeos garantarizaría que estes actuasen como a "vacina" da crise económica ligada ás consecuencias da pandemia e ao conflito provocado pola invasión rusa de Ucraína.

O número tres do Executivo autonómico participou este luns no encontro organizado por AJE Galicia en Santiago para avaliar os fondos Next Generation e as axudas para autónomos e pemes.

Alí, Conde subliñou a necesidade de que o Goberno acceda a realizar unha xestión descentralizada destes fondos extraordinarios para facer deles "a vacina económica que pode axudar a saír" da crise.

Na mesma liña do expresado o pasado o venres no marco da comisión do Senado na que participou a vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, e representantes dos gobernos autonómicos; os 'tres' da Xunta lamentou "o centralismo, lentitude e falta de transparencia" que, di, caracterizan a xestión destes fondos.

"É necesaria unha maior axilización na xestión dos fondos que nestes momentos están bloqueados, xa que menos do 14% dos máis dos 33.000 millóns de euros previstos están convocados", apuntou Conde, en alusión aos PERTE convocados polo Goberno ata o momento.

Neste sentido, o vicepresidente defendeu o traballo feito pola Xunta para a elaboración das propostas para recibir estas axudas extraordinarias, entre a que destacou a inicitiva para implantar unha fábrica de fibras téxtiles da compañía Altri no municipio lugués de Palas de Rei.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, participa nunha xornada sobre os fondos europeos Next Generation organizada en colaboración con AJE Galicia.. CONCHI PAZ / XUNTA / Europa Press
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, participa nunha xornada sobre os fondos europeos Next Generation organizada en colaboración con AJE Galicia.. CONCHI PAZ / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta