Santiago recibiu case 50.000 peregrinos no que vai de ano

A Xunta agarda chegar ao medio cento de miles este xoves.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2022 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo en funcións, Alfonso Rueda, indicou que, segundo os cálculos da Xunta, Santiago de Compostela recibirá ao peregrino número 50.000 deste ano "pasadomañá". Tal como explicou Reudo en declaracións aos medios tras inaugurar a obra das Avenidas de Vigo, o Xacobeo 21-22 colleu forza e alcanzará este xoves as 50.000 compostelas repartidas, a pesar de que "acaba de rematar abril".

Rueda puxo en valor que "aínda queda todo 2022 por diante", tendo en conta que o ano pasado o peregrino 50.000 chegou á capital galega a finais do mes de xullo. Para el, é necesario potenciar "o máximo posible" a "marca Galicia" que supón o Ano Santo, e tamén quixo lembrar que máis de 3.000 persoas xa pasaron pola cidade olívica a través do camiño portugués pola costa. Neste sentido, destacou a recuperación da actividade dos cruceiros, que atrae a miles de turistas a Vigo e a Galicia, quedando "marabillados" pola cidade e pola Comunidade.

Alfonso Rueda en Vigo este martes, con Marta Fernández-Tapias (i) e Jesús Vázquez Almuiña (d).. XUNTA
Alfonso Rueda en Vigo este martes, con Marta Fernández-Tapias (i) e Jesús Vázquez Almuiña (d).. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta