Madeleine Peyroux e LP súmanse ao ciclo Xacobeo Importa

Incluirá 12 concertos internacionais.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/05/2022 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

A IX edición do ciclo 'Xacobeo Importa' incluirá 12 concertos internacionais entre os que se incluirá, ademais dalgúns dos nomes avanzados xa como o grupo Simple Minds, os de Madeleine Peyroux e LP.

Madeleine Peyroux / Wikimedia: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:MadeleinePeyroux2009.jpg
Madeleine Peyroux / Wikimedia: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:MadeleinePeyroux2009.jpg

O ciclo, que ofrecerá concertos nas cidades da Coruña, Pontevedra, Santiago, Vigo, Lugo e Ourense, presentouse este martes no Palacio da Ópera da Coruña, coa presenza da alcaldesa da Coruña, Inés Reiy Raquel Seijo, directora de SweetNocturna, empresa promotora do ciclo, e Nava Castro, directora en funcións de Turismo de Galicia.

Nesta edición, manterase, segundo explicaron, unha programación con estilos variados. O programa desta edición arrincou xa cos concertos de Joan As Police Woman, en Lugo, e Eagles of Death Metal + Dead Sara, en Santiago de Compostela.

As próximas citas serán os ingleses White Lies xunto a CharmingLiars o 15 de maio tamén en Santiago e o soulman The James Hunter Six, o 28 de maio en Ourense. No mes de xuño está programado o concerto de Pat Metheny, que actuará o 17 de xuño en Vigo e o concerto de LP, o 25 na Coruña, ademais da brasileira Marisa Monte, que actuará o 26 de xuño en Vigo.

A programación complétase cos concertos da danesa AgnesObel o 7 de xullo en Vigo e de Leon Bridges o 10 de xullo, tamén en Vigo. A banda británica Simple Minds estará no Coliseum da Coruña o 27 de xullo. Jacob Collier estará en Santiago tamén o 27 de xullo e Madeleine Peyroux, que pechará o ciclo en Pontevedra o 15 de outubro.

"Un Ano Santo especial con localizacións especiais", resumiu Nava Castro. Pola súa banda, a alcaldesa resaltou a colaboración público-privada e remarcou a importancia dun Xacobeo "descentralizado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta