Temas: XUNTA RURAL

Ampliar a oferta cultural no rural, obxectivo do programa Territorio Cultura

A Xunta pon en marcha a convocatoria dunha nova liña de subvencións con fondos europeos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/05/2022 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

A Xunta publicou este martes no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dunha nova liña de subvencións coa que inicia o programa Territorio Cultura para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas rurais, ao amparo do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation.

Festival de Cans 2013 - E Colquhoun
Festival de Cans 2013 - E Colquhoun

Esta iniciativa conta cunha dotación inicial de preto de 630.000 euros e, segundo sinalou a Xunta, está prevista a súa continuidade cunha segunda quenda de axudas polo mesmo importe.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade explicou que a prioridade de Territorio Cultura é o reforzo do tecido cultural galego "máis aló dos grandes núcleos urbanos" a través de iniciativas que se desenvolven do 1 de xaneiro de 2022 ao 31 de marzo de 2023 en concellos de non máis de 30.000 habitantes e cunha densidade máxima de 100 habitantes por quilómetro cadrado.

Así mesmo, concretou que se subvencionarán, entre outros, eventos e espectáculos nunha ampla variedade de manifestacións artísticas, proxectos que favorezan a experimentación, a investigación e a innovación cultural cunha concreción práctica o territorio, actividades relacionadas con patrimonio inmaterial en conexión con lastendencias contemporáneas e accións educativas e de mediación cultural.

Temas: XUNTA RURAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta