O BNG presentará iniciativas no Congreso para "adaptar" o convenio do TIC "á realidade galega"

BNG lembra que Galicia é o "terceiro territorio" con maior número de traballadores e empresas do sector TIC, e "crecendo exponencialmente".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2022 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

O BNG anunciou unha batería de iniciativas no Congreso para apoiar as demandas emanadas do sector do TIC en Galicia para que se poida establecer un convenio de ámbito galego. Tras manter unha reunión con representantes da CIG, sindicato maioritario no sector, a organización nacionalista comprometeuse a traballar para que se poida adaptar o convenio das tecnoloxías da información e comunicación "á realidade galega".

Xunto aos deputados autonómicos Mon Fernández e Daniel Pérez, todos os representantes nacionalistas se comprometeron a un marco regulatorio "concreto e adecuado á realidade de Galicia, que loite contra a fuga de capital humano e que sexa capaz de atraer o talento".

"O convenio de ámbito estatal non se adecua á realidade galega, xa que estamos a falar dun mega sector máis xenérico que inclúe consultoría", manifestou Rego, que advirte de que a reforma laboral fai que "prevaleza" sobre a realidade galega. No mesmo comunicado, o BNG lembra que Galicia é o "terceiro territorio" con maior número de traballadores e empresas do sector TIC, e "crecendo exponencialmente".

"HOMOXENEIZACIÓN"

Por iso, para o deputado "parece lóxico" que haxa unha "homoxeneización" das condicións de traballo deste sector e, por tanto, se faga "por medio dun convenio galego". "A competitividade das TIC en Galicia está a verse prexudicada pola falta dun marco adecuado, sobre todo, coa irrupción do teletraballo e as novas formas de traballo a distancia", sinalou.

Pola súa banda, o delegado sindical da CIG TIC, Alexandre Espinosa, explicou que a central sindical nacionalista está a ter reunións cos diversos grupos parlamentarios para presentar a problemática actual co convenio de Consultorías estatal, que "non é satisfactorio para o sector".

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, nunha reunión cos representantes de CIG do sector TIC. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, nunha reunión cos representantes de CIG do sector TIC. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta