Investigado un home de Coristanco por atrapar un raposo cun cepo

A Garda Civil actuou tras a denuncia dun cidadán.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2022 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Arteixo investigou a un veciño da localidade coruñesa de Coristanco por un delito contra a protección da flora e fauna en relación á colocación de cepos prohibidos, despois de ser achado un raposo atrapado nun.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron tras chamada telefónica dunha persoa ás dependencias de Carballo, na que informou da presenza dun raposo (vulpes-vulpes) atrapado pola acción dun cepo nunha leira próxima ao lugar de Agualada, en Coristanco.

Tras iso, os efectivos actuantes desprazáronse ao lugar e constataron á súa chegada que no cepo, ademais do raposo, "había restos doutras especies silvestres que foran atrapadas con anterioridade, así como varios lazos para a caza do xabaril". Por iso, a Garda Civil procedeu á identificación do propietario da leira, que foi investigado por un delito contra a flora e fauna, sinalan as mesmas fontes.

A Garda Civil lembra que a Lei 42/2007 articulo 65.1 "prohibe a tenencia, utilización e comercialización de todos os procedementos masivos ou non selectivos para a captura ou morte de animais". "Entre estes procedementos a normativa fai alusión a redes, lazos, cepos, trampas-cepo ou ballestas", conclúe.

Cepo localizado pola Garda Civil nunha leira por cuxa colocación foi investigado un veciño de Coristanco (A Coruña).. GARDA CIVIL
Cepo localizado pola Garda Civil nunha leira por cuxa colocación foi investigado un veciño de Coristanco (A Coruña).. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta