Arrincan as obras do Centro de Servizos da Cidade das TIC

O espazo prevé estar en funcionamento a comezos de 2023.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2022 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

A Cidade das TIC da Coruña disporá en febreiro de 2023 dun Centro de Servizos Avanzados para empresas tecnolóxicas, despois de que este mércores comezasen as obras. Será o primeiro edificio onde se acometan actuacións de rehabilitación dos diferentes espazos cos que conta a antiga fábrica de armas.

O acto de comezo das obras contou coa presenza do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; o presidente da Deputación, Valentín González Formoso; a alcaldesa, Inés Rey; o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o conselleiro de Economía en funcións, Francisco Conde, e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, entre outros.

Nel, o reitor da UDC confirmou que as obras estarán terminadas en febreiro de 2023 o que suporá a posta en marcha do "primeiro edificio" da Cidade do TIC, un proxecto que naceu en 2018 e que conta con colaboración público-privada. "É un proxecto de país", dixo, aludindo tamén aos campus nos que se centrará: investigación, desenvolvemento e formación; tecnolóxico; empresarial e emprendimiento. Pola súa banda, as autoridades presentes incidiron na importancia de impulsar iniciativas neste ámbito. "As TIC exportan servizos e valor engadido", resumiu o presidente do Clúster.

Mentres, tanto o conselleiro de Economía en funcións como o delegado do Goberno, a alcaldesa e o presidente da Deputación da Coruña remarcaron o "compromiso" institucional para apoiar esta iniciativa. "Responde a un modelo de cidade", dixo Inés Rey. Pola súa banda, o delegado do Goberno, José Miñones, lembrou a cesión das instalacións por parte do Ministerio de Defensa, mentres que Francisco Conde insistiu en que o campo tecnolóxico é "unha ferramenta imprescindible para incrementar a competitividade".

Acto de inicio das obras do Centro de Servizos Avanzados  da Cidade do TIC na Coruña. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
Acto de inicio das obras do Centro de Servizos Avanzados da Cidade do TIC na Coruña. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta