Respaldo unánime a que Galicia sexa sede da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2022 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

Converter Galicia na sede da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial suscitou o apoio unánime da Cámara autonómica, onde foi aprobada unha iniciativa que insta á Xunta a realizar as accións necesarias para lograr o obxectivo.

A proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, saíu adiante cos votos de todos os grupos presentes na Comisión 6ª do Parlamento galego, celebrada este mércores.

PP, BNG e PSdeG reclaman para Galicia á sede deste organismo de desenvolvemento da intelixencia artificial e animan ao Executivo autonómico a establecer "mecanismos que faciliten o apoio de todo o ecosistema de ciencia e tecnoloxía co obxectivo de favorecer a candidatura". Así mesmo, solicitan á Xunta que demande ao Goberno central que facilite "canto antes" os requisitos de "competencia" para a designación "primando a transparencia e a equidade".

Ademais, a Cámara autonómica tamén aprobou outra iniciativa nesta mesma comisión que, do mesmo xeito, saíu adiante por unanimidade. Neste caso, a proposta do BNG, instan o Congreso a "respectar" o espírito da proposta remitida polo Parlamento vasco para a creación dun fondo de compensación ás vítimas do amianto.

Intelixencia artificial
Intelixencia artificial | Fonte: Pixabay

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta