Treixadura percorrerá Galicia co seu novo traballo 'Camiño longo'

Por agora, o grupo ten pechados 15 concertos nas catro provincias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2022 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

Treixadura percorrerá Galicia coa súa xira para presentar o seu novo traballo, 'Camiño longo'. Comezará os concertos en Vigo (Teatro Afundación) o 21 de maio. Por agora, o grupo ten pechados 15 concertos nas catro provincias, pero en próximas datas confirmará novas actuacións.

"Esta será unha das xiras con máis concertos na nosa historia. A pandemia detivo as nosas actuacións e son moitas as citas que temos pendentes en festas, romarías e teatros", destaca a formación, pendente de publicar o seu novo disco.

O libro-disco 'Camiño longo' servirá para celebrar os 30 anos de Treixadura, un percorrido artístico, visual e histórico pola carreira duns dos grupos referentes da música galega, que conta con oito discos no mercado.

Treixadura
Treixadura | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta