Ferrol pide á Xunta que interveña para salvar unha posible muralla medieval

Serían os primeiros restos que se atopan na cidade.

Por Europa Press / Redacción | Cobas (Ferrol) | 05/05/2022 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

O goberno local de Ferrol trasladaralle formalmente á Xunta de Galicia a "necesidade de realizar unha intervención arqueolóxica en profundidade" na parcela situada nos números 22 e 24 da Rúa do Castro, propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

A concelleira de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, considerou "imprescindible" a ampliación da pequena escavación que se realizou ata o momento, co fin de sacar á luz "o máximo posible do muro.

Este achado deuse durante varias catas realizadas no solar, previas á construción dun edificio no marco do plan Rexurbe. "É un descubrimento importantisimo porque as primeiras análises apuntan a que se trata dunha muralla medieval da cidade e sería a primeira vez que se atopan restos desa construción", explicou a edil.

Ademais, detallou tamén que, ata o momento, entre as varias prospeccións arqueolóxicas que se realizaron na parcela, hai dúas delas que se atopan na parte posterior, nunha zona que no futuro albergará o patio traseiro do edificio.

Precisamente, nesas dúas catas, de ao redor de dous por dous metros de área, é onde se sitúa o muro, cun ancho de 80 centímetros, entre outros elementos construtivos de menor antigüidade.

"Nestas circunstancias, parece que o máis adecuado sería escavar todo o ancho do solar, polo menos na zona na que se vai a levntar o edificio de vivendas", explicou. Trátase dunha superficie de ao redor de 40 metros cadrados. O obxectivo sería conservar os restos e polos en valor, coa intención de que no futuro sexan visitables.

Pedazos doutra antiga muralla atopada en Vigo
Pedazos doutra antiga muralla atopada en Vigo | Fonte: Xornal de Vigo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta