Admitidas 20.707 persoas nas listas de selección temporal de varias categorías do Sergas

Pertencen ás seccións de cocina, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e pinche.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2022 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) admitiu 20.707 aspirantes nas listas de selección temporal de varias categorías estatutarias, a metade do grupo auxiliar da función administrativa.

Así o informou nun comunicado de prensa a Consellería de Sanidade, que indica que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición deste xoves a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas.

En concreto, son aspirantes das categorías de cociñeiro, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e pinche, concreta Sanidade.

A categoría con maior número de admitidos é a de grupo auxiliar da función administrativa, con 10.276. Ademais, a Xunta indica que o 19,75% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. E resultou excluído o 1,41% das solicitudes de participación.

As listas están publicadas, a disposición das persoas interesadas, na páxina web do Sergas. Entrarán en vigor, a efectos de chamamentos, este venres, 6 de maio.

Por outra banda, Sanidade avanzou que está previsto que o vindeiro martes, 10 de maio, se publiquen as listas definitivas do proceso de actualización de listas de selección temporal das categorías de celador, celador quenda discapacidade intelectual, técnico en farmacia, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico superior en dietética, técnico superior en documentación sanitaria, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico superior en radioterapia.

Persoal do Sergas.. XUNTA - Arquivo
Persoal do Sergas.. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta