GC Aberto

Contra a vergoña, dignidade!

Por admin | GC ABERTO | 05/05/2022

Comparte esta noticia

Chegamos tarde pero aínda podemos dar unha resposta colectiva para recuperar a dignidade da cidade de Ourense.

Jácome golpea unha sindicalista na folga do transporte urbano
Jácome golpea unha sindicalista na folga do transporte urbano | Fonte: Twitter

XA ABONDA. 

Ourense non pode permitir un minuto máis esta vergoña.

Solidarizámonos coa persoa agredida e berramos alto e forte que XA ABONDA.

Este alcalde non representa a sociedade ourensá nin é o interlocutor que esta precisa.

Chamamos a toda a veciñanza, a todos os colectivos e asociacións, aos sindicatos e partidos políticos a se manifestaren con contundencia, a elevar os decibelios da resposta cidadá e mandar parar.

Non queremos compartir a vergoña con quen a consinte co seu silencio e complicidade.

Chamamos a recuperar a DIGNIDADE. 

O Partido Popular debe cesar inmediatamente o seu apoio a unha persoa que brutaliza, violenta e agride ao conxunto da cidade. Nada cabe agardar de quen está disposto a manter esta vergoña. A que prezo está disposto o Partido Popular a vender a pouca dignidade que lle queda?

SOS OURENSE chama á concentración de protesta contra o alcalde Gonzalo Pérez Jácome e a complicidade do Partido Popular este xoves 5 de maio ás 20,30h na Praza Maior.

Que o alcalde agrida a unha persoa é INTOLERABLE.

Que as forzas de orde locais en vez de protexer á vítima protexan ao agresor é INTOLERABLE.

Que a cidadanía consinta calada este insulto permanente é INTOLERABLE.

CONTRA A VERGOÑA, DIGNIDADE!

SOS OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta