Temas: EMPRESA

A creación de empresas baixou un 5% en Galicia en abril

A maioría son da rama de comercio, hostalaría e actividades inmobiliarias.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/05/2022 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

As sociedades constituídas foron 377 en Galicia en abril, o que supoñen 21 menos (-5%) que no mesmo mes de 2021, segundo os datos que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) este xoves. Na comparativa co mes anterior, marzo, creáronse tamén oito compañías menos. O capital medio subscrito polas sociedades foi de 55.646,96 euros en abril.

Varias persoas pasean nunha rúa comercial en Vigo, a 17 de febreiro de 2021
Varias persoas pasean nunha rúa comercial en Vigo, a 17 de febreiro de 2021 | Fonte: Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press.

Como habitualmente, A Coruña e Pontevedra computan o maior número de creación de empresas, co 38,5% e o 37%, respectivamente. A máis distancia están Lugo (preto do 15%) e Ourense (9,6%).

Case todas as empresas creadas en abril adoptaron a forma de SL (368), mentres o resto enmárcanse no doutro tipo (9).

O 21,7% das empresas creadas pertencen á rama de comercio, seguida por hostalaría (15,9%) e actividades inmobiliarias (14,8%). A maioría dos socios son masculinos e cun só socio por compañía.

Pola súa banda, ampliaron capital social un total de 87 compañías, 19 menos en comparativa interanual. O capital global ampliado ascende a 20,5 millóns.

Noutra orde de cousas, disolvéronse 84 sociedades mercantís en Galicia en abril, 41 menos que no mes de abril de 2021 e 40 menos que en marzo de 2022. As reducións de capital social afectaron 18 compañías, mentres se rexistraron cinco procedementos de fusión de sociedades e dúas de escisión.

Temas: EMPRESA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta