O 10% dos pensionistas galegos cobra menos de 500 euros

As Pontes é o municipio coa pensión media máis elevada en Galicia e Avión conta coa máis baixa

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Uns 67.000 galegos, o 10% do total, contan cunha pensión media non superior aos 490,6 euros no ano 2020, segundo os datos que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres.

En 2020, había en Galicia 669.074 persoas que perciben pensións contributivas da Seguridade Social, das cales o 50,2% eran mulleres. O 50% deles, máis de 334.000, percibiron un importe igual ou superior aos 757 euros.

A cifra da pensión media en Galicia é de 988,4 euros. Esta cantidade é superada nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde está por encima de 1.000 euros. O dato máis baixo está na provincia de Ourense (870 euros). O 80,5% das persoas que perciben pensións contributivas teñen 65 ou máis anos. O grupo de idade máis frecuente é o de 65 a 74 anos, tanto no caso dos homes (127.878 persoas) como no das mulleres (107.209 persoas).

PENSIÓNS MÁIS ALTAS E MÁIS BAIXAS

As Pontes é o municipio con importe medio por pensionista máis alto en 2020, con 1.488,9 euros. Nesta clasificación sitúase Fene como segunda (1.318,7 euros), seguido por Cervo (1.264,8 euros) e Ferrol (1.252,9 euros).

No outro extremo, Avión é o municipio cos pensionistas que reciben un importe medio máis baixo (622,2 euros). A continuación atópanse: Quintela de Leirado (664,1 euros), Santa Comba (666,5 euros), Sarreaus (671,6 euros) e Padrenda (674,8 euros).

Nas sete cidades o importe é superior á media galega. Ferrol, A Coruña e Vigo son os concellos con maior importen, onde se superan os 1.182 euros. Por contra, Ourense, con 1.018 euros, presenta o valor máis baixo.

Dous anciáns pasean fronte á residencia das Gándaras, a maior de Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press
Dous anciáns pasean fronte á residencia das Gándaras, a maior de Lugo / Carlos Castro - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta