Últimos datos da covid-19 en Galicia: 650 hospitalizados, 12 deles ingresados en UCI, e 25 mortes máis

Aumenta a incidencia acumulada de positivos en maiores de 80 anos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/05/2022 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

A porcentaxe de camas UCI ocupadas por pacientes covid-19 en hospitais de Galicia aumenta ata o 1,61 por cento, pero mantense na parte máis baixa, mentres que a media de España sobe lixeiramente ao 4,04%. Así consta no informe actualizado este venres, polo Ministerio de Sanidade, cos rexistros notificados ata o día 4 polas comunidades autónomas á Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica cos datos asistenciais dos hospitais e de probas diagnósticas.

Persoal sanitario atende un paciente de covid-19 na UCI do hospital Povisa de Vigo
Persoal sanitario atende un paciente de covid-19 na UCI do hospital Povisa de Vigo | Fonte: Miguel Riopa - Remitida por Povisa.

Segundo o informe actualizado este venres, en Galicia hai 12 pacientes covid ingresados en UCI de 650 hospitalizados, de entre os 362 críticos no conxunto de España dun total de 6.858 hospitalizados por mor deste coronavirus.

A taxa de ocupación hospitalaria por 100.000 habitantes en Galicia sitúase en 24,11 --fronte á media estatal de 14,47--, que no caso concreto de UCI sobe ao 0,45. A media estatal está en 0,76.

E a porcentaxe de camas ocupadas por pacientes covid descende ao 7,69 por cento en Galicia, mentres que a media estatal está no 5,53%. A taxa de novos ingresos por 100.000 habitantes en sete días tamén baixa lixeiramente en Galicia a 18,03 --o cociente estatal está en 12,84--. No caso concreto de UCI, baixa a 0,56 en Galicia fronte á media estatal de 0,66.

En canto á incidencia acumulada en maiores de 60 anos --que é a poboación vulnerable á que maioritariamente se fai seguimento co novo protocolo de vixilancia e control da Covid-19-- baixa lixeiramente en Galicia a 14 días a 1.327,10 casos por 100.000 habitantes, fronte á media estatal de 813,22.

Por tramos de idade, no de 60 a 69 anos descende a 1.161,86, no de 70 a 79 anos tamén cae a 1.275,05; mentres que no de maiores de 80 anos sobe a incidencia a 1.637,70 --estaba en 1.600,11 o pasado martes--.

En canto ás vítimas mortais da pandemia, nos últimos sete días --ata o 4 de maio-- faleceron 25 persoas pola covid-19 en Galicia, dos 234 óbitos rexistrados en España nese mesmo período.

A taxa de mortalidade global da pandemia por 100.000 habitantes en Galicia sobe a 124,18, fronte á media estatal de 221,01. E a taxa semanal de mortalidade por millón de habitantes baixa a 44,23, por enriba do cociente estatal de 24,6.

Pola súa banda, a letalidade global da pandemia en persoas de 60 anos ou máis se mantén no 2,4 por cento, por baixo da media estatal do 4,4%, segundo os datos do Ministerio de Sanidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta