O BNG pide usar os fondos de cohesión para frear a emigración e facilitar o retorno de emigrados

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, lembrou que na última década a xente emigrada ascende a 216.413 de entre 16 e 54 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2022 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, destacou a importancia de utilizar de forma adecuada os fondos de cohesión e defendeu que se empreguen para evitar a emigración da mocidade galega e facilitar o retorno das persoas que nos últimos anos emigraron.

"En Galicia nosa mocidade vive unha emigración forzada para tentar optar a un traballo nunhas condicións menos precarias que as que existen no país. E a crise provocada pola pandemia non fixo máis que agravar a situación laboral da mocidade galega", sinalou Ana Miranda durante a súa participación na mesa de debate 'Xuventude e institución europeas', organizada por ESN Santiago (Erasmus Student Network).

Na súa intervención, da que informou o BNG nun comunicado, lembrou que na última década os emigrados ascenden a 216.413 de entre 16 e 54 anos emigradas.

"Feijóo deixa á mocidade galega nunha situación terrible, cunha taxa de paro do 32% entre os menores de 25 anos, que segundo a última EPA sobe ao 37,8% nos menores de 20 anos", explica a portavoz do BNG en Europa, que sinala ademais que das 216.413 persoas emigradas na última década de Galicia de entre 16 e 54 anos, 79.529 tiñan entre 16 e 29 anos.

"A fuga de cerebros non é mobilidade voluntaria, non é turismo, senón que é unha marcha forzosa e obrigada por non ter oportunidade no propio país", apuntou Miranda, á vez que defendeu a creación dun Plan de emprego xuvenil que garanta a inserción laboral da mocidade, tal e como defende Galiza Nova.

NOVO FONDO SOCIAL EUROPEO PLUS

Ana Miranda destacou que existe un novo fondo europeo, denominado Fondo Social Europeo Plus (FSE+), que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2023 e do que o Estado español terá que destinar obrigatoriamente o 12,5% dos fondos a emprego xuvenil.

"Lamentablemente aínda non se sabe canto lle corresponde a Galicia",
denuncia a portavoz do BNG en Europa, que lembra que a mocidade leva vivindo dúas crises consecutivas, a de 2008 e a actual, polo que xa se debería saber como van executar estes fondos.

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, durante a súa participación na mesa de debate 'Xuventude e institución europeas', organizada por ESN Santiago. BNG
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, durante a súa participación na mesa de debate 'Xuventude e institución europeas', organizada por ESN Santiago. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Moine

O BNG trabuca-se, os galeg@s querem que os seus filhos morram com a fame e por isso votam PPSOE, o partido único responsável das políticas económicas que conduz a emigraçom aos filhos e netos.

1 Riolo

Cuba y Venezuela son países donde se emigra más que en cualquier otro país. Los dos aplican las políticas de BNG