IV Car Outlet Ourense: Aforro, facilidades de financiamento e entrega inmediata

Estes son os principais reclamos do escaparate que estará aberto en Expourense ata o domingo 8 de maio e que ofrece as mellores oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man con todas as garantías que brindan os concesionarios oficiais.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 07/05/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O IV Car Outlet Ourense, que abriu as súas portas o venres 6 de maio, ofrece 400 vehículos de 20 marcas con entre 2 meses e 10 anos de antigüidade e descontos que de media alcanzan o 30%. Esta é a aposta dos 14 concesarionarios oficiais asociados a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, que participan neste encontro de referencia para o vehículo de ocasión.

IV Car Outlet Ourense. Foto: Prensa Expourense
IV Car Outlet Ourense. Foto: Prensa Expourense

O IV Car Outlet de Ourense ofrece 400 vehículos de 20 marcas con entre 2 meses e 10 anos de antigüidade e descontos que de media alcanzan o 30%.

O salón estará aberto ata este domingo 8 de maio e ofrece as mellores oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man con todas as garantías que brindan os concesionarios oficiais. Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, que conta coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e de ABANCA.

CONTEXTO ECONÓMICO FAVORABLE PARA O MERCADO DE OCASIÓN

A situación actual do mercado do automóbil novo (suba impostos matriculación, dúbidas sobre qué tipo de motorización elixir, crises de componentes electrónicos, ruptura da cadea de subministros…) que contempla tempos de espera prolongados para recibir o coche novo, conleva que o mercado de ocasión sexa a mellor opción para quen precise cambiar de automóbil dun xeito rápido e cómodo. 

Vehículos á venda no IV Car Outlet Ourense. Foto: Prensa Expourense
Vehículos á venda no IV Car Outlet Ourense. Foto: Prensa Expourense

Os datos indican que en Galicia por cada coche novo véndense dous de ocasión, incluíndo tamén as compras entre particulares. Isto provoca que haxa cada vez maior demanda e menor oferta, polo que acudir a este salón convértese nunha oportunidade interesante para os que anden a busca dun vehículo deste tipo. Por outro lado, este salón é unha boa ocasión para rexuvenecer o parque automobilístico galego (o cuarto máis antigo de España) que ten agora unha idade media de 13,7 anos. Un parque envellecido xa de por si e que se viu agravado pola pandemia.

Os datos indican que en Galicia por cada coche novo véndense dous de ocasión, incluíndo tamén as compras entre particulares

Na primeira xornada, este venres, xa se puideron ver os primeiros carteis de “Vendido”, xa que o público realmente interesado na compra adoita acudir canto antes motivado polo feito de que cada coche á venda é unha oportunidade para non deixar escapar.

VEHÍCULOS Á VENDA E HORARIOS

O IV Car Outlet de Ourense presenta a mellor oferta en Galicia en vehículos de ocasión, seminovos, xerencia e quilómetro cero que contan con inmellorables condicións, xa non só no prezo, senón tamén de financiamento, seguros ou outros servizos engadidos, e, por suposto, coa garantía e solvencia que ofrecen os concesionarios oficiais.

O horario de apertura do salón será mañá sábado 7 de 10.00 a 20.30 h. e o domingo 8 de maio de 11.00 a 20.00 h. A entrada terá un custo de 2 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta