"Dalle Ponte", os xardíns da cidade tamén animan ao Pontevedra CF para acaar o ascenso á Primeira

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 07/05/2022 | Actualizada ás 23:59

Comparte esta noticia

Toda a cidade de Pontevedra está co seu equipo, ata os xardíns. De feito, o proxecto Xardíns que Falan, impulsado pola Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, volve alzar a súa voz unha vez máis, nesta ocasión para conxurarse con toda a cidade e co seu equipo de fútbol, o Pontevedra CF, para que poida acadar o ascenso directo á Primeira División RFEF.

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, e os seus compañeiros Yoya Blanco e Marcos Rey, edís de Promoción Económica e de Benestar Social, cos xogadores do Pontevedra Churre e Charles e os membros do consello de administración do Pontevedra CF Luis Durán, Juan Abal e Ricardo Tilve
O concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, e os seus compañeiros Yoya Blanco e Marcos Rey, edís de Promoción Económica e de Benestar Social, cos xogadores do Pontevedra Churre e Charles e os membros do consello de administración do Pontevedra CF Luis Durán, Juan Abal e Ricardo Tilve | Fonte: Concello de Pontevedra

Nunha nova instalación realizada polo Servizo de Parques e Xardíns en colaboración coa firma Troquiña, os xardíns da Praza de Ourense amañeceron hoxe cunha portería de fútbol flanqueada por uns fermosos arranxos florais e dous carteis granates co escudo do club pontevedrés e as mensaxes ‘Dalle Ponte!’ e ‘… a fonte da Ferrería, San Bartolomé da Praza’ (pasaxe da coñecida ‘Pontevedra é boa vila, dá de beber a quen pasa’).

Co obxectivo de desexarlles a mellor das sortes e toda a súa forza ante as transcendentais ‘finais’ que lle quedan por diante ao equipo (a primeira delas, este domingo, ante o Salamanca), o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, e os seus compañeiros Yoya Blanco e Marcos Rey, edís de Promoción Económica e de Benestar Social, achegáronse esta mañá ata a zona verde acompañados polos xogadores Churre e Charles e os membros do consello de administración do Pontevedra CF Luis Durán, Juan Abal e Ricardo Tilve.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta