Alertan á poboación de Bergondo sobre o consumo dun venenoso tubérculo tras morrer un veciño

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/05/2022 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos enviou ao Concello de Bergondo un escrito para alertar á poboación do consumo venenoso dun tubérculo.

Tubérculo atopado na casa do veciño de Bergondo que faleceu tras o seu consumo
Tubérculo atopado na casa do veciño de Bergondo que faleceu tras o seu consumo | Fonte: Concello de Bergondo.

O pasado mes de decembro faleceu un veciño da parroquia de Guísamo, lugar de Sampaio, como consecuencia do consumo desta planta. O home, C.D. L. A., de nacionalidade colombiana, tiña 37 anos.

Concretamente, trátase do tubérculo con nome científico Oenanthe SPP (X 49 CIE 10).

Foi unha veciña a que deu a voz de alerta ao levar tempo sen ver ao home, mesmo despois de chamalo varias veces á porta sen obter resposta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta